Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

A nosa referencia ao Paradigma de pedagoxía ignaciana (PPI) sitúa ao alumno como centro e protagonista do proceso de ensino-aprendizaxe.

A nosa práctica docente pretende conseguir unha análise detallada e individualizada do alumno e do seu contexto, ofrecer experiencias variadas e próximas á realidade, motivar a reflexión sobre o aprendido e favorecer o compromiso do alumno co contorno, desenvolvendo ao máximo as súas competencias e buscando a súa formación integral como persoa para e cos demais.

Intentamos que o alumno desenvolva a capacidade necesaria para construír os elementos do seu propio aprendizaxe. Isto implica que o alumno adquira competencias eficaces. O PPI permítenos utilizar a metodoloxía máis apropiada para cada obxectivo de aprendizaxe, como técnicas expositivas, asambleas, aprendizaxe baseado en proxectos, traballo cooperativo, resolución de problemas ou estudo individual.

A atención á diversidade. A través de programas de apoio e reforzo de competencias básicas procuramos atender tanto aos alumnos que presentan dificultades académicas como aos que teñen altas capacidades.

Dende Educación Infantil, os alumnos traballan contidos científicos de xeito experiencial sen descoidar os contidos máis conceptuais.

El Huerto de Toribio, a Feira Científica, a preparación para as Olimpiadas de Física e Química… axúdanos a comprender o mundo e interiorizar o método científico.

A expresión oral é un obxectivo prioritario no proxecto educativo dos centros da Compañía de Jesús.

Os alumnos comezan a traballar as presentacións orais desde as etapas máis temperás. Gradualmente incorporan presentacións multimedia e, nos últimos cursos da ESO, engaden técnicas de debate ao seu repertorio de competencias.

A actividade English for Cambridge en Santa María do Mar, promove a aprendizaxe de inglés a través dos títulos oficiais de Cambridge Assessment English. O noso colexio é un centro examinador desde fai máis de 30 anos, e un alto porcentaxe de alumnos certifica niveis de B2 e C1 nos exames antes de completar os seus estudos no noso centro. Para poder obter estes resultados excelentes, o colexio ofrece ás familias a posibilidade de prepararse a través do programa de English for Cambridge.

English for Cambridge En Infantil e Primaria está pensado para que o alumnado adquira o idioma de xeito natural, sólido e progresivo desde idades moi temperás. A aprendizaxe apoiase en dous piares fundamentais: a fonética e a preparación gradual para os exames de Cambridge. Traballamos cun enfoque fonético, o que significa que ensinamos aos nenos a recoñecer, producir e combinar correctamente os sons do inglés. Este método permítelles pronunciar con maior precisión, ler e escribir con máis seguridade e comprender mellor o idioma en situacións reais.

Complementamos a aprendizaxe con actividades e materiais adaptados aos niveis iniciais dos exames Cambridge Young Learners nos cursos de primaria, onde se reforzan as catro destrezas: Listening, Speaking, Reading e Writing. En Infantil introdúcese o idioma de forma lúdica a través de xogos, cancións, contos e rutinas orais. Deste xeito, o alumnado avanza con confianza, familiarizándose co formato Cambridge sen presión e disfrutando do proceso. 

A partir de 1.º da ESO ata 2.º de bacharelato, o alumnado pode asistir ata a tres sesións semanais de English for Cambridge nas que se preparan para exames específicos de Cambridge Assessment English. Os alumnos distribúense en grupos reducidos para dinamizar as actividades de preparación de exame e poder atender ás necesidades de cada individuo da mellor maneira posible. Contamos cun equipo docente con ampla experiencia na preparación destes exames.

Como parte do programa na ESO, o alumnado ten a posibilidade de presentarse a un exame ao final do curso escolar. Deste xeito, equipamos aos nosos mozos cunha ferramenta importante que lles axudará a conseguir os seus obxectivos e cumprir os seus soños no futuro.


Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade