Pedagoxía Ignaciana
Na Educación Secundaria Obrigatoria desenvolvemos o noso labor educativo desde a Pedagoxía Ignaciana, marco propio dos centros da Compañía de Xesús, que orienta toda a acción educativa cara á formación integral do alumnado nas súas dimensións académica, persoal, social e espiritual.
Exigencia académica
Nesta etapa a aprendizaxe adquire unha maior profundidade e rigor, acompañando ao alumnado no desenvolvemento das súas capacidades intelectuais, do pensamento crítico e da constancia no estudo.
Metodoloxías activas
Empregamos metodoloxías activas que fomentan a participación e o protagonismo do alumnado, como a aprendizaxe baseada en proxectos, o traballo cooperativo, a aprendizaxe-servizo e o uso responsable das tecnoloxías dixitais.
Acompañamiento educativo
O profesorado actúa como guía e acompañante do proceso educativo, favorecendo a autonomía, a responsabilidade persoal e o crecemento integral do alumnado nun clima de proximidade e confianza.
Aspectos destacados

Rede Solidaria de Xoves de Entreculturas
A partir de 3.º da ESO, os nosos alumnos poden formar parte da Rede Solidaria de Xoves (RSJ), un programa de participación xuvenil da Fundación Entreculturas. O obxectivo é atender aos retos globais do noso tempo. Para iso, deseñan e protagonizan accións de sensibilización, formación, mobilización, incidencia e comunicación nos seus contornos para traballar pola xustiza social.
A mocidade é a protagonista do programa, co acompañamento dunha profesora ou dun profesor do colexio e do equipo educativo de Entreculturas.

Xornadas de orientación
A Xornada de Orientación ofrece información e apoio ao alumnado para tomar decisións académicas e persoais en momentos clave do curso. A través de charlas e actividades, oriéntase sobre itinerarios educativos, opcións de futuro e habilidades para planificar o seu proxecto persoal. Refórzase desde 3.º da ESO ata 2.º de Bacharelato.

Intercambios
Intercambios con Turín (2.º da ESO) e Marsella (4.º da ESO). O obxectivo destas estancias é ofrecer aos nosos alumnos a oportunidade de ampliar os seus horizontes educativos e persoais, contribuíndo ao seu desenvolvemento como «Cidadáns Globais do mañá».

Oratoria e Debate
En 4.º da ESO traballamos cos alumnos da materia optativa de oratoria, formando equipos que se preparan co obxectivo de participar en diferentes torneos e debates a nivel autonómico e nacional.

Charlas
O noso alumnado de ESO ten a oportunidade de asistir a charlas e obradoiros que afondan no traballado nas horas semanais dedicadas á Formación Humana. Estes obradoiros tratan temas tan importantes nesta idade como: prevención da violencia de xénero, RRSS e uso de novas tecnoloxías, igualdade, pensamento crítico e toma de decisións, Lei do menor, consumo de sustancias, xustiza socioambiental, visita aos xulgados, etc.

Acción social
O noso alumnado de 4.º da ESO comeza a participar nun voluntariado que lles leva a dedicar parte do seu tempo libre axudando e aportando o mellor que teñen aos demais. Colaboramos co Economato e coa Residencia Santa Teresa de Jornet.

Xornadas de acollida a novos alumnos
Nas Xornadas de Acollida facilítase a integración do alumnado novo ao inicio de curso, presentando o centro, as normas básicas e ao equipo educativo. O seu obxectivo é crear un clima de confianza e acompañar aos estudantes na súa adaptación á vida escolar. Durante varios días establecéronse encontros con alumnos acolledores para explicarlles o papel que deben desempeñar, así como o seguimento das distintas accións.

Convivencias
Convivencias voluntarias dunha xornada fóra do centro escolar. Trátase dun tempo para reflexionar e pensar en quen somos para nós mesmos e para os demais, e na importancia da presenza de Deus nas nosas vidas. Momentos para descubrir e compartir os sentimentos propios desta etapa da vida, iniciarse na oración para ir afondando na fe, aprendendo a escoitar a Deus a través dos compañeiros e compañeiras.

Liguillas fin de trimestre e Torneo Solidario de Nadal
Competicións deportivas para rematar cada trimestre, a través das cales traballamos e potenciamos valores como: a convivencia, o esforzo, a inclusión, o traballo en equipo e a vida saudable. Serven como actividade de reforzo e cohesión antes do descanso académico. No primeiro trimestre reforzamos o seu sentido ao tratarse de competicións con finalidade solidaria, aproveitando a Campaña de Nadal do colexio.
Cuestións prácticas
Horario
novo con respecto a EI e EP.
Cafetería
Servizo disponible para toda a etapa.
Francés
introducido como 2ª lingua extranxeira.
Inglés
Desdobre de grupos para unha atención máis personalizada.
Eventos destacados
1º ESO

OLIMPÍADAS MAG+S

OLIMPÍADAS FIN DE CURSO
2º ESO

VIAXE A PICOS DE EUROPA

INTERCAMBIO CON TURÍN

OLIMPÍADAS DE FIN DE CURSO
3º ESO

VOLUNTARIADO EN CAMPAÑA DE NADAL

CAMIÑO DE SANTIAGO

XORNADAS DE ORIENTACIÓN
4º ESO

VOLUNTARIADO RESIDENCIA DE MAIORES E ECONOMATO

INTERCOLEXIAIS CARRIÓN DOS CONDES

INTERCAMBIO CON MARSELLA

XORNADAS DE ORIENTACIÓN





