O edificio orixinal de SMM foi deseñado por Miguel Fisac, arquitecto que recibiu en 2003 o Premio Nacional de Arquitectura polo conxunto da súa obra.
O resto do edificio principal foi deseñado por Andrés Fernández Albalat, arquitecto que recibiu a medalla Castelao en 1994.
Con posterioridade, novos edificios e estruturas foron engadíndose ao edificio principal, facendo de Santa María del Mar o Colexio que é hoxe en día.
Na actualidade, Santa María do Mar dispón das seguintes instalacións principais:
- Edificio principal, dedicado aos cursos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato. Neste edificio atópanse os laboratorios, a enfermería, as salas de entrevistas e a capela do Colexio.
- Edificio de Infantil. Ademais das aulas de cada grupo de alumnos, o edificio conta con oratorio, ximnasio, sala de descanso para os alumnos máis pequenos, aula de ciencias experimentais, aula de música, aula de psicomotricidade, lavandería e espazos para entrevistas. Neste edificio atópase o Salón de Actos do colexio. Ao lado deste edificio está o Huerto de Toribio, un espazo onde os alumnos desta etapa cultivan diferentes produtos que despois levan a casa.
- Edificio de comedores e biblioteca.
- Pavillón polideportivo.
- Patio cuberto multiusos.
- Pistas deportivas: campo de fútbol de herba artificial, pista de atletismo, dúas pistas de baloncesto, dúas pistas de minibasket, unha pista de voleibol, unha pista de futbito e unha pista de hóckey sobre patíns.
×

