A Pastoral dun colexio da Compañía de Xesús é o corazón do seu proxecto educativo. Acompaña aos alumnos no seu crecemento persoal, humano e espiritual, axudándolles a descubrir el sentido profundo de la vida desde la fe cristiana. Inspirada no Evanxeo e na espiritualidade ignaciana, busca formar persoas íntegras, conscientes de sí mesmas, abertas a Deus e comprometidas co mundo que lles rodea..
Educamos para un futuro cheo de esperanza, traballando pola profundidade e a cidadanía global, fundamentadas na fe e na reconciliación, no contexto da nosa perspectiva integral da educación.
A través de actividades adaptadas a cada etapa —oracións, celebracións, convivencias, accións solidarias e espazos de reflexión—, a pastoral ofrece experiencias que parten da realidade dos alumnos, escoitan as súas inquietudes e axúdanlles a plantearse preguntas importantes. O obxectivo é favorecer encontros significativos con Xesús que axuden a cada alumno a construir seu propio proxecto de vida.
ESPIRITUALIDADE

Espacios para o encontro con Xesús.
Oración da mañá, convivencias, Baúl Magis, Misas, Celebracións da Palabra, Acompañamento persoal, Noite Ignaciana, Cuaderno de Interioridade.
CELEBRACIÓNS

Son momentos nos que xuntámonos cos amigos para compartir a fe con alegría.
Eucaristías e Celebracións da Palabra, Oración da mañá, Festival de Navidade, Acto pola Paz, Semana Ignaciana, Mes da Virxe María.
SOCIAL

Queremos formar homes e mulleres para os demáis, comprometidos na tarefa de transformar o mundo nunha sociedade fraterna e xusta. Hermanamento co Colexio ESIL de Mozambique.
Campaña do DOMUND, Campañas solidarias en Nadal, Día Solidario—Carreira de Entreculturas, Voluntariado social (4º ESO e Bacharelato).
EXPERIENCIAS

Camiñar, sentir, gustar, rir, chorar, abrazar, sufrir, superarse, convivir, falar, rezar e aprender de e cos outros.
Intercolexiais (6.º EP, 2º ESO, 4º ESO, BACH), Baúl Magis, Oracións especiais na Capela, Cuaderno de interioridade, Acompañamento.
SACRAMENTOS DE INICIACIÓN

Son signos visibles da relación con Deus que desexamos manifestar en Comunidade, para crecer na Fe e no seguimento a Xesús. Primeira comunión e confirmación.
IDENTIDADE

Como colexio xesuíta profundizamos no orixe e misión da Compañía de Xesús.
Semana Ignaciana, oracións, cancións, contos, vídeos, xogos coperativos, Escape Room...
A pastoral é unha tarefa compartida por toda a comunidade educativa. Persoal do Colexio, profesores, equipo de pastoral e familias colaboran para acompañar a nenos e xoves nun camiño de fe que se traduce en compromiso, xustiza e servizo aos demáis. Así, o colexio educa "homes e mulleres para os demais", capaces de transformar a sociedade dende os valores do Evanxeo.

"Entrar para aprender, saír para servir"
"O obxectivo da nose misión hoxe, polo tanto, é educar na excelencia humana que leve a un futuro cheo de esperanza: persoas que sexan compasivas, competentes, conscientes de Deus en elas mesmas e no mundo ao redor, e comprometidas en ver todas as cousas novas en Cristo."
"En todo amar e servir"
"Hoxe, o noso obxectivo educativo da Compañía de Xesús debe ser formar homes e mulleres para os demáis; que non vivan para sí mesmos, senon para Deus, home que viviu e morreu por todo o mundo; homes e mulleres que nin sequera poden concebir o amor a Deus que non inclua o amor ao máis pequeno dos seus veciños; homes e mulleres completamente convencidos de que o amor de Deus que non se traduce en xustiza para os demais é una farsa."

ACCIÓN SOCIAL
A Red Solidaria de Xoves (RSJ) é un proxecto de participación xuvenil de estudantes que, de xeito voluntario, fomentan accións solidarias que xeran reflexión e formación en valores para a construción dunha sociedade máis equitativa. Os/As mozos/as participantes fórmanse, investigan, actúan e reflexionan, potenciando as súas capacidades cognitivas, emocionais, morais e sociais para o exercicio dunha cidadanía global.
Somos conscientes de que estamos a ofrecer a primeira experiencia de servizo social para a maioría dos alumnos, e de que esta experiencia ten máis sentido na medida en que se vive e se practica na familia. Finalmente, somos conscientes de que “os excluídos” merecen o mellor de nós mesmos e non podemos cometer erros con eles. Por iso, a experiencia está acompañada directamente por un grupo de profesores do colexio que, con experiencia, formación e entrega, seguen de cerca o proceso de cada alumno nas súas diferentes etapas do compromiso social.

ENTRECULTURAS ONG XESUÍTA
A Rede é un espazo para a participación e a acción solidaria. Está formada por grupos de chicos e chicas do instituto e colexios de Galicia.

CENTRO FONSECA
O Centro Fonseca agrupa a institucións que os xesuítas dirixen na Coruña. Centro Fe-Cultura-Xustiza e Igrexa do Sagrado Corazón e forma parte da Plataforma Apostólica Galicia (PA Galicia) da Compañía de Xesús.

CARITAS INTERPARROQUIAL DA CORUÑA
Inclusión social (Economatos) e sensibilización (programa Acompáño-Te)

ESIL MOZAMBIQUE
É unha obra educativa da Compañía de Xesús en Mozambique. Facemos presente o seu labor na nosa vida escolar, apoiándoa mediante campañas escolares e con medios materiais, pedagóxicos e persoais, sentíndonos moi unidos á súa inmensa labor nun entorno rural empobrecido. Acolle a educación de uns 800 mozos de entre 13 e 18 anos.

CONGREGACIÓN HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS
Actividades con persoas maiores
"COIF" (Centro de Orientación e Integración Familiar)
Apoio escolar e ocio saludable
"CIS" Centro de Inserción Social da Coruña — Carmela Arias e Díaz de Rábago
Sensibilización con persoas privadas de liberdade e en risco de exclusión social.
Outras ONG
Coas que se contacta para desenvolver programas concretos de análise da realidade e actuacións educativas: Intermón, Manos Unidas, Meniños e Proxecto Home, entre outras.
Coordinación xeral
María Noel Lamelas Villamonte
Infantil e Primaria
Miguel Martínez Bruneti (Coordinador)
Alma García Valor
Leticia Patrocinio Ibarrola
Mª Noel Lamelas Villamonte
Tomás-David Aguado Domínguez

Secundaria e Bacharelato
María Noel Lamelas Villamonte (Coordinadora)
Francisco García Villaamil
Tomás-David Aguado Domínguez
José Manuel Iglesias Prado
Antonio Francisco Bohórquez Colombo, SJ
Juan Antonio Caballero Núñez, SJ
Coordinación de Voluntariado
Jose Manuel Iglesias Prado
María Noel Lamelas Villamonte
EVENTOS DESTACADOS

ACTO DE INICIO DE CURSO

BAÚL MAG+S

CARRIÓN DOS CONDES (4º ESO)

CONFIRMACIÓN

CONVIVENCIAS

JAVIERADA (6º EP)

LOYOLA (1º BACH)

MISAS

NOITE IGNACIANA

PASCUA (1º, 2º BACH)

PRIMEIRA COMUNIÓN

SEMANA IGNACIANA
Liñas de Forza
Liñas de Forza é unha iniciativa pastoral da Compañía de Xesús que traballa en rede con colexios de España e Portugal para renovar e fortalecer a transmisión da espiritualidade ignaciana. A través dun lema común cada curso, inspirado nos Exercicios Espirituais, propóñense campañas acompañadas de materiais e actividades que dan unidade ao traballo pastoral dos centros, ofrecendo aos alumnos un camiño compartido que respeta e potencia a identidade propia de cada comunidade educativa.



