A pedagoxía ignaciana é o modelo de enseñanza-aprendizaxe propio dos colexios da Compañía de Xesús e ten como obxectivos:
- Ensinar a ser.
- Ensinar a pensar.
- Ensinar a aprender.
Esta pedagoxía propia apoia nos ámbitos científico-técnico e humano-cristián de tal maneira que os alumnos «volvan a casa non só máis sabios senón mellores» (San Ignacio de Loyola).
O modelo pedagóxico ignaciano desenvólvese ao longo de cinco movementos sucesivos.

Situar a realidade nun contexto
teniendo en cuenta la situación personal de cada uno de sus alumnos y la realidad del momento histórico y del ámbito social en el que se encuentra.

Experimentar dende a realidade
promovendo actividades de ensino-aprendizaxe, con variedade metodolóxica, que se transformen nunha experiencia de aprendizaxe cognoscitiva, psicomotriz, afectiva e imaxinativa. A pedagoxía ignaciana busca que toda a persoa (mente, corazón e vontade) se implique na experiencia educativa.

Reflexionar sobre as experiencias de aprendizaxe
de xeito que o alumno poida entender e interiorizar a importancia e o significado do que está estudando.

Actuar segundo o aprendido
desenvolvendo as súas competencias e xeneralizando o aprendido a outros contornos diferentes ás áreas académicas, de maneira que poidan ser competentes en situacións novas.

Avaliar a acción e o proceso seguido
pretendendo unha avaliación integral do alumno, que poña o foco non só no dominio cognitivo, senón que teña en conta o nivel de madurez, a capacidade de reflexión e as actitudes que vai desenvolvendo. Promove igualmente que os alumnos avalíen os seus propios procesos e resultados da aprendizaxe, adquirindo esquemas persoais que lles poden servir en futuras situacións e circunstancias.


