Dende hai máis de 40 anos, o Colexio Santa María do Mar é Centro Examinador (ES028) das probas de Cambridge Assessment English. Os títulos de Cambridge English son recoñecidos por cerca de 25.000 universidades, empresas e institucións públicas de todo o mundo, aumentando as oportunidades dos seus titulares de acceder á ensinanza superior ou atopar un emprego.
Ao longo de cada curso académico, o Colexio organiza varias sesións de exame nas que tanto alumnos do Centro como candidatos externos poden examinarse das diferentes probas de Cambridge Assessment English. As nosas convocatorias de exame inclúen tanto a versión General English, dirixida a todo tipo de candidatos, como a versión For Schools, apropiada para alumnos en idade escolar.


C2 Proficiency
A titulación C2 Proficiency acredita un dominio excepcional da lingua inglesa. Os titulares dun certificado deste nivel posúen as destrezas lingüísticas necesarias para estudar ou traballar nun entorno profesional ou académico de moi alto nivel, por exemplo, en programas de posgrao ou de doutoramento.
C1 Advanced
A titulación C1 Advanced acredita, entre outras destrezas, as de seguir un curso académico de nivel universitario, comunicarse de maneira efectiva a nivel administrativo e profesional e participar con soltura en reunións de traballo, clases e seminarios académicos.
B2 First e B2 First for Schools
É unha das titulacións máis coñecidas de Cambridge English. Acredita a posuír as destrezas lingüísticas necesarias para vivir e traballar de maneira independente nun país angloparlante, así como para estudar cursos impartidos en inglés. É recoñecida por universidades e institucións universitarias para realizar programas impartidos en inglés.
B1 Preliminary e B1 Preliminary for Schools
A titulación B1 Preliminary acredita o dominio dos aspectos fundamentais do inglés e a posuír destrezas lingüísticas necesarias para un uso cotián.
A2 Key for Schools
A titulación A2 Key for Schools demostra que o alumno pode comunicarse en inglés en situacións simples e cotiás. Constitúe un bo punto de partida para que os alumnos de primaria ou secundaria se inicien na preparación de exames de inglés de nivel superior.
Cambridge English: Young Learners. Pre A1 Starters, A1 Movers e A2 Flyers
Son as tres primeiras titulacións de Cambridge English, exames deseñados para alumnos e alumnas de Educación Primaria que os axudan a iniciar o seu camiño na aprendizaxe do inglés de forma divertida. As probas están redactadas en torno a temas que resulten familiares e céntranse nas destrezas necesarias para comunicarse en inglés de maneira efectiva: Reading, Writing, Listening e Speaking. Constitúen un excelente medio para que adquiran confianza e melloren o seu inglés.

