O alumnado de 2º da ESO gozou onte dunha xornada de convivencia e contacto coa natureza percorrendo a ruta costeira de Laxe ata a praia de Traba. Unha camiñada á beira do mar, con parada na praia de Almozarro, que permitiu compartir experiencias e gozar do espectacular día, marcado polo bo ambiente e o compañeirismo.


