Hoxe, o alumnado de 1°BACH que participa no voluntariado coas persoas privadas de liberdade presentou a exposición fotográfica «Isto é a Koru». Esta mostra reflite unha das actividades que realizaron durante este curso e que pretende amosar o contraste entre diferentes realidades da cidade. Ademais, explicaron en que consistiu este voluntariado e outras actividades que fixeron e farán sempre en colaboración co grupo do CIS a quen lle agradecemos a súa presenza no colexio para achegar un testemuño real de toda a aprendizaxe que supuxo para todos este voluntariado.
A exposición e coloquio poderá visitarse en Fonseca o vindeiro 4 de xuño ás 19:30h.

