Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

Portas abertas

Desde o 28 de xaneiro ata o 26 de febreiro organizaranse as visitas de Portas Abertas para as familias que mostren interese por matricular aos seus fillos no noso Colexio para o próximo Curso Escolar 2026/27.

Cada reunión terá un límite de asistentes (dúas persoas máximo por familia). Estarán acompañadas por un membro do equipo directivo e un profesor da etapa educativa correspondente. Na reunión realizarase unha presentación do noso proxecto educativo e visitaranse algunhas das instalacións colexiais. A visita durará, aproximadamente, 90 minutos.

Para poder asistir a estas reunións é necesario inscribirse previamente na seguinte ligazón: https://colegio.santamariadelmar.org/familia/inscripcion_visita.asp

Puntos de encontro:

  • Reunións ás 17:00: Hall de entrada principal.
  • Reunións ás 13:00: Salón de Actos (Edificio Ed. Infantil).

Calendario

Do 1 ao 20 de marzo¹:
(Os días 19 e 20 de marzo, festivos autonómico e colexial, o Colexio permanecerá pechado)
Presentación das solicitudes.
Do 23 de marzo ao 13 de abril:
(Do 30 de marzo ao 6 de abril, Semana Santa, o Colexio permanecerá pechado)
Presentación da documentación acreditativa dos puntos. (se a familia así o desexa, poderase aportar no momento da solicitude).
O 24 de abril:
(A partir das 18:00 horas)
Publicación das listas con carácter provisional.
Do 27 de abril ao 5 de maio:
(Os días 1 e 4 de maio, festivos nacional e colexial, o Colexio permanecerá pechado)
Presentación das reclamacións do Centro.
O 15 de maio:
(A partir das 18:00 horas)
Publicación das listas definitivas.
Do 19 ao 30 de xuño:
(O día 24 de xuño, festivo local, o Colexio permanecerá pechado)
Formalización da matrícula para Ed. Infantil e Ed. Primaria.
Do 25 de xuño ao 7 de xullo:Formalización da matrícula para ESO e Bacharelato.

¹ Nestas datas estará operativa a aplicación da Xunta admisionalumnado por se alguén desexa tramitala por ese medio.

As listaxes provisionais e definitivas poderán consultarse:

  • Presencialmente: no taboleiro de anuncios no interior do Centro.
  • De xeito non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital FNTM.

Nota informativa:

  1. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
    Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
  2. 2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
    A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
  4. 4. Sen prexuízo da garantía de permanencia no Centro de Orixe, nais, pais ou representantes legais do alumnado, poden presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos. Este alumnado perderá o dereito de permanencia no centro de orixe se figura admitido no listado definitivo de admitidos do novo centro.
  5. 5. As actividades extraescolares de media pensión, as actividades paraescolares e os servizos complementarios teñen carácter voluntario e non lucrativo. As actividades extraescolares de media pensión son unha parte fundamental das nosas finalidades educativas.
  6. Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».
  7. A notificación electrónica farase a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notific@https://notifica.xunta.galrealizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.
  8. 8. O Colexio Santa María del Mar está adscrito ao Instituto Monte das Moas.

Criterio complementario aprobado polo centro

Exalumnos ou antigos alumnos e fillos de antigos alumnos de centros educativos de titularidade da Compañía de Xesús que cursasen Educación Primaria, Secundaria ou Ciclos Formativos.

Acreditación do criterio: dito criterio acreditarase mediante un certificado emitido polo centro onde estudou e que debe recoller os estudos realizados e os cursos nos que estivo matriculado. O certificado debe ser orixinal (non se admitirán fotocopias) e ha de estar selado, datado e asinado.

Máis información:

  • Nos propios centros educativos
  • Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Na Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Rúa Vicente Ferrer, 2 (Edif. Adm. Xunta) 1º, 3º e 9º. 15008 A Coruña.
  • Web da Consellería de Educación.
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade