Secretaría
A función principal da secretaría é a xestión documental do centro nos aspectos académicos. Ocúpase das seguintes tarefas:
- Dilixenciar o cumplimento de cuantas disposicións legais afecten ao centro.
- Recopilar e conservar a normativa e toda a información e documentación pertinente ao Centro e ao desenvolvemento da súa actividade.
- Dar fe de todos os Títulos e certificacións expedidos, dos actos de toma de posesión do persoal docente, das certificacións de exames e expedientes académicos ou disciplinares do Centro.
- Arquivar e custodiar a documentación legal do Centro.
- Manter a base de datos de alumnos e persoal docente.
- Xestionar os documentos de avaliación necesarios para informar a profesores, alumnos e familias.
O horario de apertura ao público é de 9:30 a 13:00
Administración
As tarefas básicas da administración económica do colexio son:
- Elaborar o orzamento do Centro, de acordo coas directrices do Equipo Directivo, e na forma prevista polo Económo Provincial, así como a rendición anual de contas.
- Presentar periodicamente ao Equipo Directivo un informe sobre a aplicación do orzamento.
- Responsabilizarse da confección das nóminas do persoal e facilitar á Administración Pública as dos profesores de Nivel Concertado, para que esta efectúe o pagamento delegado, todo isto en coordinación co Centro de Xestión.
- Tramitar os encargos de material didáctico, ordenar pagamentos, organizar e administrar os servizos de compra e almacén de material funxible.
- Liquidar e recadar as taxas académicas e administrativas e todas as subvencións e dereitos que correspondan.
- Dispor das contas bancarias, de acordo cos poderes que lle foran outorgados, e ratificar os libros de contabilidade.
- Preparar os contratos de traballo para que desde o Centro de Xestión se redacten e sexan asinados polo representante da Entidade Titular, de acordo co Director do Centro.
- Deixar constancia escrita e aplicar as decisións relativas a soldos, honorarios, gratificacións ou posibles sancións.
- Arquivar e custodiar a documentación económica do Centro.
O horario de apertura ao público é de 9:30 a 13:00

