Con motivo da participación no programa Educar en Xustiza, organizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o alumnado de 4º da ESO asistiu a unha vista nun dos órganos xudiciais da cidade e puido comprobar de primeira man en que consisten os xuízos e que papel desempeña cada unha das persoas que interveñen neles. Ademais, tivo a oportunidade de debater sobre os casos cos xuíces que presidiron cada unha das sesións, nas que se afondou en cuestións como os delitos relacionados co uso das redes sociais, os furtos ou as agresións.


