Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

O alumnado e o profesorado de 4º da ESO realizaron a tradicional saída convivencial de comezo de curso. Nesta ocasión, a actividade desenvolveuse na ruta do Rego Callou, situada na aldea de Miodelo, onde o grupo puido gozar dunha xornada de contacto coa natureza e de convivencia fóra da aula.
Despois da andaina, o alumnado desfrutou dun xantar e dun tempo de lecer nas instalacións do Concello de Bergondo, compartindo momentos de convivencia e reforzando os lazos de grupo.
O colexio quere expresar o seu agradecemento a Protección Civil, á Casa da Cultura e ao Concello de Bergondo pola súa colaboración e apoio para facer posible esta actividade.

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade