Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado de 2º de Primaria participou durante estas semanas nun proxecto musical centrado na tradición galega.

Ao longo deste traballo, achegáronse á Muiñeira de Chantada a través de distintas actividades: primeiro, aprendendo os seus ritmos principais e acompañándoos co son das cunchas; despois, elaborando unha pandeireta con materiais reciclados para, unha vez rematada, empregala como instrumento de acompañamento da peza.

O proxecto completouse coa aprendizaxe dos pasos básicos da muiñeira (o clásico Punta-Tacón) descubrindo así non só a música, senón tamén o baile tradicional como parte fundamental da cultura galega.

Unha experiencia enriquecedora que lles permitiu aprender, crear e valorar un pouco máis o patrimonio cultural de Galicia.a

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade