Santa María do Mar como centro da Compañía de Xesús
Santa María do Mar está integrado na rede educativa da Compañía de Xesús. Todos os seus centros inspíranse na experiencia de San Ignacio de Loyola e procuran traducila nun xeito propio de educar. Así, en primeiro lugar, nunha experiencia cristiana. Ignacio de Loyola parte dunha vivencia persoal de Xesús como ser humano e, por esa razón, nada do que é humano se pode excluír como profano. O Colexio quere que os seus alumnos desenvolvan ao máximo as súas capacidades humanas, físicas, intelectuais, artísticas e técnicas; que saiban pensar; que sexan críticos; que dominen as técnicas; que teñan, nunha palabra, as claves que lles permitan ler o tempo que lles tocou vivir.
En segundo lugar, é unha experiencia de liberdade interior. A reflexión sobre a súa existencia levou a Ignacio a decatarse de que servir a Deus, aos demais e ao mundo esixe unha persoa interiormente libre. Por iso, no Colexio procuramos educar aos nosos alumnos no saber discernir e tomar decisións co espírito libre; na aceptación de si mesmos e dos demais tal como son; en facer posible o seu desenvolvemento como persoas que se constrúen desde dentro de si, que se valoran pola forza e calidade dos seus motivos, das súas razóns para vivir. A experiencia pedagóxica xesuítica require discernimento, é dicir, reflexión sobre o vivido sacando as conclusións pertinentes ou introducindo adaptacións nos seus xeitos de servir mellor alí onde haxa máis necesidades.
Na vida de Santa María do Mar realizamos este discernimento na avaliación do que facemos, dos métodos, da pedagoxía, e de todos aqueles elementos do ambiente escolar, para descubrir os medios que mellor nos axuden a acadar os obxectivos da nosa tarefa educativa.
Ademais, esta experiencia ignaciana leva consigo impulso radical de comunicación e de servizo aos demais. Santa María do Mar, como calquera outro centro educativo da Compañía de Xesús, non tería sentido se non procurase que os seus alumnos vivan e sexan para e con os demais; que busquen o máximo desenvolvemento da súa personalidade, non en competición cos outros senón en solidariedade con eles; que sexan sensibles a calquera forma de deshumanización e inxustiza e que actúen en consecuencia.

MISIÓN
Santa María do Mar é un centro educativo da Compañía de Xesús, privado e concertado cuxo obxectivo é alcanzar a formación integral (académica e humano-cristiá) dos nosos alumnos, co fin de axudalos a ser homes e mulleres conscientes, competentes, compasivos e comprometidos, en actitudes e feitos, no servizo aos demais.



VISIÓN
O colexio quere avanzar, cada vez máis, como comunidade educativa de servizo aos alumnos, con especial atención aos que máis o necesiten, aos seus pais, á sociedade e á Igrexa. E quere facelo desde a coherencia crecente cos principios cristián-ignacianos que lle dan sentido: a excelencia académica e a excelencia en valores humano-cristiáns para servir aos demais, sen ningún tipo de discriminación e con preferencia polos que padecen algún tipo de desvantaxe, e así contribuir á transformación da sociedade nun lugar máis xusto, máis pacífico, máis fraterno e máis libre.

VALORES
O colexio:
- Busca a excelencia de sus alumnos no académico e no humano-cristián.
- Busca educar dende un liderzgo de servizo no traballo.
- Traballa en equipo, promovendo o diálogo e a participación.
- Promove unha cultura de paz no respeto á pluralidade e a diferenza.
- Fomenta a formación no desenvolvemento persoal e humano-cristián.
- Vive a honestidade como expresión de coherencia do que é e do que fai.
- Promove o sentido crítico e a búsqueda de alternativas de solución.
- Promove a equidade no seu quefacer educativo.
- Emprega os métodos de análise, reflexión e diálogo propios do discernimento ignaciano na toma de decisións..
- Celebramos todo o que nos fai máis e mellor comunidade educativa.

