Hoxe celebramos o noso tradicional Magosto, para infantil e primaria. O evento foi culminación dunha semana onde coñeceron algo máis a nosa cultura, aprenderon sobre as festas e as nosas raíces. Pasamos unha moi boa tarde, chea de ledicia e diversión: todos os nenos e nenas, e mesmo os profes, animáronse a bailar, cantar e gozar das castañas quentiñas.


