Dende o equipo de Pastoral do colexio quixeron darlle unha volta ás liguiñas de Nadal, e por eso fixeron a primeira edición das Liguiñas Quilos de Mag+s, ñas que a inscrición tiña que constar dun alimento para donar, como parte desa campaña de recollida de alimentos de Nadal. Os equipos tiñan que ser mesturados de nenos e nenas e de distintos cursos da ESO, e competiron en brilé, pickleball, baloncesto e fútbol. As liguiñas prolongáronse por varios días, coas distintas eliminatorias, e por culpa da climatoloxía, as finales tiveron que trasladarse ao venres, onde toda a ESO, profesores e demais personal baixaron a animar aos finalistas de todos os deportes.
¡¡Moitísimas grazas a todos os participantes, organizadores, árbitros de 1° de bacharelato e profesorado involucrado, e enhoraboa a todos os gañadores!!


