Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Desenvolvemento integral

En infantil acompañamos aos nenos e nenas no seu desenvolvemento integral, prestando atención ao seu crecemento emocional, social, espiritual, cognitivo e motor.

Valores

Promovemos valores e actitudes que lles axudan a construír unha imaxe positiva de si mesmos e a relacionarse co seu contorno con confianza, respecto e empatía.

Hábitos

Fomentamos a adquisición de hábitos básicos de convivencia, autonomía e esforzo, creando un contorno que despierte a curiosidade, a exploración e o desexo de aprender.

Familia-escola

Todo isto lévase a cabo mediante unha colaboración estreita e constante coas familias, ás que consideramos unha peza fundamental no proceso educativo.

Traballamos arredor de temáticas que despertan a curiosidade e o interese dos alumnos polo mundo que lles rodea. Durante cada proxecto, todas as actividades contextualízanse nesta temática, favorecendo unha aprendizaxe significativa e globalizada.

Ademais da sesión semanal de inglés, os alumnos reciben unha hora adicional cunha persoa nativa, traballando o idioma a partir de contos e experiencias prácticas.

Así mesmo, ofrécese diariamente, en horario de mediodía, o programa AEMP (Actividades Extraescolares de Media Pensón), onde se abordan contidos de ciencias, música e o método phonics utilizando o inglés como lingua vehicular.

Cada semana, os alumnos acoden á aula de ciencias para realizar experimentos e actividades que lles familiarizan co método científico.

Contamos cunha horta con invernadoiro, onde os alumnos plantan, coidan e observan o crecemento das súas propias colleitas para logo entregar no comedor ou levar á casa e elaborar receitas saudables.

Ofrecemos unha experiencia de Xesús cercana, amable e sinxela. Todas as mañás comezamos o día recoñecendo que Xesús está con nós sempre, que nos quere e nos acompaña. Aprendemos a darlle as grazas por todo o que somos e temos, a pedir perdón por aquilo que desexamos cambiar e a ofrecerlle as nosas ganas de ser mellores cada día. Presentamos un Xesús cercano, amigo, que foi neno como eles e elas; que era bo, xeneroso, solidario, xusto, divertido, alegre, sincero, respectuoso… 

Periodicamente realízanse sesións de Baúl Magis, unha proposta pastoral inspirada na pedagoxía Montessori que utiliza a narración de historias e símbolos para achegar a fe e a espiritualidade ignaciana aos nenos de forma vivencial e significativa.

Deseñamos e elaboramos os nosos propios materiais, tanto fichas como recursos manipulativos, para adaptalos aos distintos ritmos de aprendizaxe e contextualizalos dentro dos proxectos en curso.

Dispoñemos dunha biblioteca Infantil propia da etapa. Cada clase ten unha hora asignada, á que acoden co titor ou titoras para a lectura de contos, buscar información sobre o tema no que están a traballar ou coller libros en préstamo para a aula. Ademais, invítase ás familias a vir a contar contos.

Ademais das actividades de motricidade fina e grosa que se realizan na aula, os alumnos participan semanalmente nunha sesión de Educación Física cun profesor especialista.

Desde o primeiro curso de Infantil traballamos a expresión oral e a oratoria. Os nenos aprenden a falar en público, presentando diferentes temas ante os seus compañeiros de forma natural e progresiva.

Coidamos especialmente a relación familia-colexio. Invitamos ás familias a participar en distintas actividades do centro: festivais, celebracións, lectura de contos na biblioteca, visitas á capela, participación como expertos nos proxectos, visita no día do aniversario, etc.

Semanalmente enviamos a información de todo o que os nenos están a traballar na clase e mantemos unha comunicación constante a través dos encontros durante as entradas e saídas, mediante o xestor escolar e nas entrevistas trimestrais.

Compartimos proxectos con todas as etapas do colexio para favorecer a relación entre alumnos de distintas idades e reforzar o sentido de pertenza á comunidade educativa.

Cuestións prácticas

con apoio dunha persoa auxiliar.

con persoal encargado de cambiar aos nenos.

saudable e proporcionada polo colexio.

durante o primeiro trimestre de 4º de infantil.

Acceso á aula coa familia

integradas nos proxectos ou núcleos temáticos.

Eventos destacados

ACTO DE INICIO DE CURSO
MAGOSTO
DÍA DOS DERECHOS DA INFANCIA
VISITA DOS REIS MAGOS
DÍA DA PAZ
DÍA DA ÁRBORE
CARREIRA DE ENTRECULTURAS
FESTAS COLEXIAIS
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade