Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

A Compañía de Xesús da Provincia de España iniciou xa hai un tempo un proceso específico de protección de menores e adultos en situación de vulnerabilidade. O sistema de Entorno Seguro pretende xerar e fomentar espazos seguros, actividades seguras e relacións seguras en cada unha das obras ou institucións pertencentes ou ligadas á Compañía de Xesús. O Manual de Entorno Seguro que articula o funcionamento do sistema atópase dispoñible na páxina web. https://entornoseguro.org.

Por outra parte, existe un proceso de formación sobre este tema dirixido a todo o persoal dos centros e institucións Xesuítas.

Tamén se puxeron en marcha en todas as Plataformas Apostólicas da Compañía de Xesús en España os “Espazos de Escoita”, impulsados dentro do Sistema de Entorno Seguro.

O obxecto dos Espazos de Escoita é acompañar e facer seguimento das persoas que sufriron abusos de calquera tipo por parte dalgún xesuíta ou dalgúa persoa relacionada coas institucións da Compañía de Xesús, ao longo do proceso que viven, respondendo ás súas necesidades en cada momento. Os Espazos de Escoita acollen e acompañan á persoa ao longo do proceso, pero non son espazos de terapia, apoio legal ou acompañamento espiritual, senón que recollen as necesidades da persoa atendida e, se é necesario e de acordo con ela, dérivanas aos servizos de apoio especializado.

Nos Espazos de Escoita haberá polo menos un axente; a día de hoxe, no caso de Galicia, contamos con tres laicos e un xesuíta formados especialmente para esta tarefa. Eles teñen experiencia na vida das institucións e son persoas de referencia na obra. No noso colexio, a persoa de referencia é Rosana Fresco Gómez.

Para coñecer mellor o Sistema de Entorno Seguro que se implementa nas institucións/centros, para ofrecer calquera comentario ou suxestión, para falar dunha sospeita, para facer unha queixa ou para denunciar de forma confidencial, pódense dirixir tanto á páxina web: www.jesuitas.es/ses como directamente ao correo electrónico proteccion@jesuitas.es

As mensaxes recibidas nesta conta de correo contan con total confidencialidade, chegan directamente á persoa que dirixe desde a Provincia de España todo o Sistema de Entorno Seguro. Neste momento actívase o protocolo de actuación e ofrécese á persoa a posibilidade de contactar co Espazo de Escoita máis próximo ao seu lugar de residencia, independentemente do lugar onde se foran producido os feitos denunciados. Igualmente, calquera persoa que sufriu algún tipo de abuso e sente a necesidade de compartir as súas vivencias, pode ser acollida por este Espazo de Escoita. O lugar de atención ás vítimas non será público para salvagardar a confidencialidade e preservar o dereito á intimidade das persoas atendidas.

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade