Este sábado participamos un ano máis no Día da Ciencia na Rúa, unha fantástica xornada de divulgación científica celebrada na nosa cidade.
O alumnado de 1º da ESO impresionounos con distintas aplicacións de programación e control automático mediante placas micro:bit, mentres que estudantes de 4º da ESO sorprendéronnos demostrando canta ciencia cabe nun globo, achegándonos numerosos experimentos que espertaron a curiosidade de pequenos e maiores.
Grazas a todo o alumnado participante pola súa implicación, entusiasmo e ganas de compartir ciencia, así como ao numeroso público e á organización do evento, que un ano máis fixeron posible sacar a divulgación científica fóra das aulas e achegala a toda a sociedade. 🧪🔬


