Hoxe, o alumnado de 1º da ESO recibiu a visita de Patricia Sánchez Abeal, exalumna do colexio e poetisa.
Patricia contoulles que comezou a escribir á súa idade, no propio colexio, nunha libreta que trouxo consigo. A partir daquela experiencia, mostroulles como evolucionou a súa escritura, e explicoulles tamén a orixe de Trazo Dobre, a obra da que viña falar, e leu dous poemas do libro e outro daquela primeira libreta.
A través desta comparación entre os seus comezos e o presente, animou o alumnado a escribir e expresarse mediante as palabras. Para rematar, respondeu as preguntas dos rapaces e quedou un pouco máis conversando e dedicando algúns exemplares.
Grazas, Patricia!


