Hoxe tivemos no colexio o curso de Actualización da Lingua Galega á cargo de Vicente Feijoo Ares, coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG para o profesorado da rede de Escolas Católicas. No curso encontráronse docentes desde Educación Infantil ata Bacharelato, dos colexios da Coruña, Oleiros ou Pontedeume, que actualizaron e ampliaron o seu coñecemento no noso idioma ao tempo que partillaron e intercambiaron experiencias.


