Os dous cursos de bacharelato recibiron hoxe na súa charla inaugural a Francisco Bellas, catedrático da Universidade da Coruña en investigador de intelixencia artificial dende o 1999.
Coa súa ponencia "Intelixencia Artificial e Educación: Capacitación, Responsabilidade e Control" reflexionou sobre os retos da IA e o impacto nas novas xeracións, máis alá do ChatGPT. Recalcou a importancia de coñecer a IA e, sobre todo, de aprender a empregalas ben, especialmente as IAs xerativas.


