O salón de actos volveu encherse de aplausos, emoción e moito talento cunha nova edición do tradicional Café Teatro, unha das citas máis esperadas das nosas Festas Colexiais.
Sobre o escenario sucedéronse actuacións do máis variadas: música, baile, maxia e outras varias disciplinas que fixeron gozar a un público entregado formado por familias, alumnado e profesorado. Cada actuación foi o reflexo do esforzo e da ilusión que os participantes dedicaron durante semanas de ensaios e preparación, despois de superar os castings previos.
As dúas sesións foron todo un éxito e demostraron, unha vez máis, a enorme cantidade de talento que hai na nosa comunidade educativa.
Xa estamos desexando que chegue a próxima edición para volver sorprendernos con novos talentos!


