Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

Esta mañá tivo lugar o acto inaugural do curso 2026/2027, que comezou coas palabras da nosa nova directora, Angelina, e coa presentación do lema que nos acompañará ao longo deste curso: "Érguete e anda".

Mentres se escoitaba o pasaxe do Evanxeo no que Xesús pronuncia esta frase, catro representantes do persoal do centro, con unhas simbólicas "C" ás costas en representación das catro "C" dos colexios da Compañía —Conscientes, Competentes, Compasivos e Comprometidos—, recrearon a escena dos catro amigos que levan un paralítico ata Xesús. Ao seu redor, representantes de cada curso escolar formaron o tumulto que lles impedía achegarse a el.

Finalmente, chegan ante Xesús, que cura o paralítico e o envía cun "Érguete e anda", entregándolle unhas pulseiras con ese lema, para que puidese compartilo con todos os cursos e que todos tivesen a súa pulseira e lembrasen ese envío que nos fai Xesús.

O acto continuou co baile da canción de Líneas de Fuerza e rematou coa bendición do padre Toni Caballero, SJ, dando así comezo oficialmente a este novo curso.

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade