Hoxe xoga o Dépor, polo que hoxe é un bo día para compartir que, o pasado xoves, dentro do proxecto “A nosa cidade”, os nosos nenos e nenas de 6º de Infantil realizaron unha emocionante visita ao Estadio de Riazor.
Durante a visita, os pequenos e pequenas descubriron a importancia do estadio como espazo deportivo e cultural da cidade, achegáronse ao deporte a través de referentes motivadores, tanto masculinos como femininos, reforzando así o sentimento de pertenza á súa contorna. Tamén puideron valorar o deporte como fonte de saúde, benestar e diversión, e traballar valores como o respecto, a constancia, o esforzo, o compañeirismo, o xogo limpo e a superación.
Unha mañá inesquecible na que xogaron, aprenderon e gozaron ao máximo!


