Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Formación integral

Modelo educativo baseado na Pedagoxía Ignaciana que combina a formación integral do alumnado co desenvolvemento e reforzo das destrezas necesarias para afrontar con éxito as probas competenciais da Proba de Acceso á Universidade.

Preparación académica

Os excelentes resultados obtidos ao longo dos anos, tanto no Colexio como na Proba de Acceso á Universidade, avalan este modelo de traballo e consolídannos como centro de referencia na nosa cidade.

Aspectos destacados

O programa de acción social reflíctese na colaboración do Colexio con varias entidades da cidade (Ágora, COIF, CIS, Economato, Hospital Materno Infantil, Residencia Santa Teresa de Jornet). Máis de 70 estudantes participan axudando a nenos, mozos e maiores en situacións de conflito, exclusión social ou enfermidade.

Santa María do Mar ten unha longa tradición en intercambios escolares no estranxeiro (Burdeos, Toulouse, Connecticut, Winnipeg, Turín). Nestes momentos, en Bacharelato, mantemos un acordo de intercambio coa École de Provence de Marsella, Colexio da Compañía de Xesús.

Cada ano, un grupo dos nosos estudantes participa neste programa que facilita a chegada do alumnado que se incorpora nesta etapa. Este grupo axuda aos novos alumnos a integrarse na vida do colexio.

Grupos de estudantes seleccionados previamente participan en torneos de debate académico, tanto en lingua castelá como en lingua inglesa.

Ofrecemos a posibilidade de que o noso alumnado participe nas olimpíadas de Física, Química e Economía. Trátase de experiencias de enriquecemento curricular que reforzan os contidos das materias.

O club de lectura "Café con Letras" é un espazo no que estudantes e profesorado de Bacharelato reunímonos cada seis semanas para comentar as lecturas propostas. Algunhas destas dan lugar á realización de proxectos de diversa índole.

É un programa grazas ao cal o alumnado da materia de Empresa e Deseño de Negocio pode acompañar a empregados de distintas empresas ao longo da súa xornada laboral. Os participantes aprenden en que consiste o traballo diario nunha profesión concreta.

Cada ano, o alumnado de Bacharelato interrompe un día a súa xornada académica para acudir ao Congreso Lo Que De Verdad Importa, no que tres persoas coñecidas imparten unha ponencia sobre as súas vidas e nos achegan exemplos de superación, esforzo, resiliencia…

Ao longo do curso, convidamos persoas relevantes de diferentes ámbitos para que colaboren connosco na formación integral do noso alumnado.

Cuestións prácticas

incluído na mensualidade.

só para Educación Física.

Eventos destacados

ACTO DE INICIO DE CURSO
CARREIRA DE ENTRECULTURAS
CONFIRMACIÓNS
XORNADAS DE ORIENTACIÓN
FESTAS COLEXIAIS
PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade