Hoxe o mundo celebra o Halloween, pero en Galicia temos o noso tradicional Samaín. No colexio aproveitamos o impacto cultural desta época para poder decorar, xogar, disfrazarnos e divertirnos, coñecer un pouco máis da nosa cultura e historia e aprender moito. Sen perder o noso foco principal, en infantil tiveron unhas sesións de contacontos e en primaria aprenderon vocabulario, traballaron a comprensión lectora e a atención con diferentes dinámicas e xogos, aproveitando o centro do interese do Samaín e de todo o folclore que rodea a festas, dende as cabazas ás meigas.
(E non só as aulas, incluso a cafetaría e os corredoiros estaban decorados para a ocasión)


