Esta mañá tivo lugar un claustro no que se presentaron as liñas mestras do plan anual de centro e todo o relacionado coa pastoral de Liñas de Forza para este curso.
Tamén houbo un momento emotivo, xa que catro compañeiros cumprían 25 anos no noso colexio. Aproveitouse o momento para poñerlles as insignias conmemorativas e entregarlles os seus merecidos recoñecementos a María, Ana, Nacho e Alma.


