Este ano, todos os integrantes dos colexios da Compañía de Xesús recibimos unha mesma invitación do Señor: “Érguete, colle a túa padiola e bota a andar”.
Invítanos a recoñecer a nosa fraxilidade, sen quedar atrapados na culpa. Deus, que coñece o noso pecado, ámanos, perdóanos e segue contando connosco. A súa misericordia levántanos e ponos en camiño.
Nun mundo ferido pola guerra, a exclusión social, a intolerancia e o individualismo, estamos chamados a acoller o perdón e a converternos en portadores de reconciliación e esperanza.
Benvidos ao curso 2026-2027: “Érguete e anda. Reconciliados por Deus nun mundo ferido”.


