Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

Onte celebramos o acto de nomeamento da nosa nova Directora Titular, Angelina Lestao, nunha xornada moi especial para toda a comunidade educativa.

El día comenzó con una misa de acción de gracias, a la que asistió todo el claustro. La celebración fue concelebrada por tres de nuestros jesuitas (Antonio Bohórquez, SJ, Toni Caballero, SJ y Herme Fuentes, SJ) y por un invitado especial, Jaime Badiola, SJ, Delegado de Educación de Educsi.

A continuación, todos os asistentes trasladáronse ao salón de actos, onde tivo lugar o acto oficial de nomeamento. Tras as presentacións e as primeiras intervencións, entre elas a de Alfonso Trillo, aínda director nese momento, chegou o momento de formalizar o relevo.

Ante a ausencia do Secretario Xeral, que habitualmente é quen le as palabras que oficializan o cambio de dirección, foi Cristina Carretero, Directora Administrativa, a encargada de dar comezo á nova etapa de Angelina á fronte do colexio.

Visiblemente emocionada, Angelina tomou despois a palabra para compartir o que supón asumir unha responsabilidade como esta: as ganas de comezar, as preocupacións e os retos que trae consigo unha nova etapa, pero tamén a ilusión por afrontala e seguir facendo medrar o proxecto educativo.

Na mesa tamén estiveron presentes Iván Mirón, Director Xeral da FEJE Noroeste, e Jaime Badiola, SJ, Delegado de Educación de Educsi, quen foi o encargado de pechar o acto. Na súa intervención, destacou a importancia de saber cambiar para poder manter sempre aquilo que é esencial.

Un día para agradecer o vivido, recoñecer o camiño percorrido e, sobre todo, dar a benvida a unha nova etapa que comeza con Angelina á fronte do noso colexio.

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade