Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

Este ano, as festas colexiais leváronnos ao fascinante mundo dos inventos.

En Infantil, o noso alumnado descubriu grandes inventos e inventores, realizou actividades e investigacións relacionadas coa temática, gozou dunha obra de teatro temática e participou en obradoiros segundo os seus intereses: robótica, enxeño, deportes, música, luces e sombras e arte creativa.

Ademais, contou coa axuda do alumnado de ESO e Bacharelato, que compartiu con eles unha xornada chea de aprendizaxe, creatividade e diversión.
Por suposto, tamén crearon os seus propios inventos!

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Contén enlaces a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas que poderá aceptar ou non cando acceda a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos seus datos para estes propósitos.
Privacidade