O pasado mércores, os alumnos de 2.º de primaria, como todos os anos, gozaron dunha xornada moi especial no Museo Vivente do Mel, preto de Arzúa.
Durante a visita tiveron a oportunidade de descubrir máis sobre o mundo das abellas, a apicultura e a elaboración do mel, aprendendo tamén a importancia que estes pequenos insectos teñen para a natureza e para a vida. Fixeron velas, probaron a mel e descubriron toda a vida dos abelleiros, ademais de compartir un día de convivencia fóra da aula, de contacto co entorno natural, reforzando valores como o respecto polos animais e o coidado da casa común.


