O Colexio acolleu a visita guiada organizada na «Semana da Arquitectura», dedicada este ano ao brutalismo coruñés, na que se salientou a relevancia arquitectónica do proxecto, iniciado en 1964 polo arquitecto Miguel Fisac e continuado posteriormente por Andrés Fernández-Albalat e outros arquitectos. Grazas ao acertado deseño funcional, á adaptación á contorna topográfica e ao respecto pola idea orixinal ao longo da súa historia, hoxe podemos seguir gozando do noso colexio, cheo de vida, neste enclave máxico.


