Dende o pasado luns 11, cincuenta alumnos de 2° de bacharelato, acompañados de catro profesores, están a gozar dunha viaxe por Roma. Tras visitar os Museos Vaticanos e os monumentos máis importantes da zona centro, celebrarán a Semana Ignaciana coñecendo a Igrexa do Gesú, onde se acha a tumba de Santo Ignacio. Na súa viaxe de volta, aproveitarán para pasear polo Madrid dos Austrias e realizarán unha visita guiada no Museo Arqueolóxico Nacional.


