Acreditación de puntos
Por ser superior o número de solicitudes ao número de prazas ofertadas polo colexio, os solicitantes de praza, que non o fixeran no momento da presentación da solicitude, para o curso 2024-2025 deben presentar a documentación acreditativa dos puntos nos seguintes cursos:
- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
- 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
- 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Admitidos:
- Os solicitantes de 1º de ESO están todos admitidos.
- Os solicitantes de praza para 1º y 2º de Bacharelato están pendentes de confirmación e notificaráselles a mesma antes do 30 de abril.
A documentación acreditativa ten que ser entregada na Secretaría do colexio, no horario habitual de atención ao público (de 09:30 a 13:30 horas), entre os días 21 de marzo ao 11 de abril (os días 25, 26 e 27 de marzo, e o 1 de, Semana Santa, o Colexio permanecerá pechado). É necesario traer o resgardo da solicitude.
Os días nos que o centro permanecerá pechado, activarase a conta de correo electrónico admisiones@csmm.es por se alguén necesitase entregar algunha documentación nesas datas.
Xornadas de Portas Abertas 2024/25:
Desde o 30 de xaneiro ata o 7 de marzo organizaranse as visitas de Portas Abertas para as familias que mostren interese por matricular aos seus fillos no noso Colexio para o próximo Curso Escolar 2024/25.
Cada reunión terá un límite de asistentes (dúas persoas máximo por familia). Estarán acompañadas por un membro do equipo directivo e un profesor da etapa educativa correspondente. Na reunión realizarase unha presentación do noso proxecto educativo e visitaranse algunhas das instalacións colexiais.
Para poder asistir a estas reunións é necesario inscribirse previamente na seguinte ligazón: https://colegio.santamariadelmar.org/familia/inscripcion_visita.asp
Puntos de encontro:
- Reunións ás 17:00: Hall de entrada principal.
- Reunións ás 13:00: Salón de Actos (Edificio Ed. Infantil).
Calendario: pendente de publicación pola Consellería de Educación
Do 1 ao 20 de marzo | Presentación de solicitudes. Nestas datas estará operativa a aplicación da Xunta admisionalumnado por se alguén desexa tramitala por ese medio |
Do 21 de marzo ao 11 de abril (Os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril, Semana Santa, o Colexio permanecerá pechado) |
Presentación da documentación acreditativa dos puntos. Se a familia así o desexa, poderase aportar no momento da solicitude. |
O 25 de abril (a partir das 18:00) | Publicación de listaxes con carácter provisional. |
Do 26 de abril ao 3 de maio (O día 1 de maio, festivo nacional, o Colexio permanecerá pechado) |
Presentación de reclamacións no centro. |
O 15 de maio (a partir das 18:00) | Publicación de listaxes definitivas. |
Do 20 ao 30 de xuño (O día 24 de xuño, festivo local, o Colexio permanecerá pechado) |
Formalización da matrícula para Ed. Infantil e Ed. Primaria. |
Do 25 de xuño ao 10 de xullo | Formalización da matrícula para ESO e Bacharelato. |
Listaxes provisionais e definitivos de admitidos:
As listaxes provisionais e definitivos poderán consultarse:
- Presencialmente: no taboleiro de anuncios no interior do Centro.
- De xeito non presencial: a través da aplicación “admisionalumnado” empregando Chave 365 ou certificado dixital da FNMT.
Oferta de prazas: pendente de comunicación pola Consellería de Educación
4º Ed. Infantil (3 anos) | 68 prazas + 12 prazas, reservadas, se fora necesario, para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo acreditadas polas autoridades educativas. |
4º Ed. Primaria | Non se convocan prazas. * |
1º ESO | 6 prazas +12 prazas, reservadas, se fora necesario, para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo acreditadas polas autoridades educativas. |
2º ESO | 3 prazas. |
3º ESO | Non se convocan prazas. * |
4º ESO | Non se convocan prazas. * |
1º e 2º Bacharelato | Prazas dispoñibles. |
* | Non se considerarán como vacantes as prazas escolares non ocupadas polo alumnado ao que se adxudicaron, cando os proxenitores deberon desprazarse transitoriamente fóra do concello durante o curso, por motivos laborais debidamente acreditados mediante un certificado expedido pola correspondente administración pública ou empresa, e sexa previsible que o alumnado se reincorpore á praza antes de que remate o mesmo curso. Igual criterio se aplicará cando o alumnado realice o curso no estranxeiro. |
Nota informativa:
- Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse. - O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8. - Sen prexuízo da garantía de permanencia no Centro de Orixe, nais, pais ou representantes legais do alumnado, poden presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos. Este alumnado perderá o dereito de permanencia no centro de orixe se figura admitido no listado definitivo de admitidos do novo centro.
- As actividades extraescolares de media pensión, as actividades paraescolares e os servizos complementarios teñen carácter voluntario e non lucrativo. As actividades extraescolares de media pensión son unha parte fundamental das nosas finalidades educativas.
- Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».
- A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente».
- O Colexio Santa María del Mar está adscrito ao Instituto Monte das Moas.
Actividades e servizos complementarios:
O proxecto educativo de “Santa María del Mar” inclúe as seguintes actividades e servizos complementarios:
- Actividades extraescolares de media pensión (English for Cambridge).
- Actividades paraescolares (deportivas e culturais).
- Cafetería colexial.
- Comedor.
- Enfermería.
- Material escolar.
- Seguro de accidentes.
- Servizo de madrugadores.
- Transporte escolar.
- Xestor Escolar e servizos informáticos.
As actividades e servizos complementarios están regulados pola normativa recollida no Decreto 444/1996 do 13 de decembro de 1996 que regula as actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios dos centros privados en réxime de concerto.
Criterio complementario aprobado polo Centro:
Exalumnos ou antigos alumnos e fillos de antigos alumnos de centros educativos de titularidade da Compañía de Xesús que cursasen Educación Primaria, Secundaria ou Ciclos Formativos.
Acreditación do criterio: dito criterio acreditarase mediante un certificado emitido polo centro onde estudou e que debe recoller os estudos realizados e os cursos nos que estivo matriculado. O certificado debe ser orixinal (non se admitirán fotocopias) e ha de estar selado, datado e asinado.
Documentos de interese:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG).
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG).
- Resolución do 10 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade do texto do acordo entre a Consellería e as organizacións sindicais CCOO, ANPE e UGT-SP.
- Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.
- ANEXO II: Formulario de admisión.
- Enlace coa aplicación para a solicitude por Internet.
- http://www.coruna.gal/descarga/1204172217434/zona-influencia-centros-concertados.pdf
- Resolución do 27 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022.
- Consulta del área de influencia de centros.
Máis información:
- Nos propios centros educativos.
- Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Na Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Rúa Vicente Ferrer, 2 (Edif. Adm. Xunta) 1º, 3º e 9º. 15008 A Coruña.
- Web da Consellería de Educación.
A información irase actualizando nesta entrada.