O martes 14 de maio visitounos o biólogo, investigador, escritor e divulgador científico Xurxo Mariño.
Os integrantes do Club de Lectura «Letríficos» de 2º de ESO entrevistárono en Radio Barandao durante media hora falando de ciencia, vocacións, filosofía, literatura e curiosidades entre outros temas. Nuns días compartiremos o podcast.
Posteriormente, Xurxo impartiu unha breve charla sobre o Sistema Nervioso a todo o alumnado de 2º de ESO e un grupo de 1º de Bacharelato.
Dun xeito sinxelo, ameno e divertido como o que nos ten mostrado en programas como «Órbita Laika» ou en calquera dos seus libros, Xurxo Mariño mantivo atenta e expectante á rapazada que compartiu moitas preguntas, tanto ao final da charla como nas clases de ciencias que tiveron máis tarde. Despois de todo, e como indicou Xurxo na entrevista «un científico/a é aquela persoa que sabe expoñer boas preguntas».
Grazas Xurxo!
Boletín Donaciones diciembre 2025
Nuestros alumnos de 4º EP siguen dando muestra de su ingenio con las frases de fomento a la lectura para el Concurso...
