Admisións 2025/26

Xornadas de Portas Abertas 2025/26:

Desde o 29 de xaneiro ata o 25 de febreiro organizaranse as visitas de Portas Abertas para as familias que mostren interese por matricular aos seus fillos no noso Colexio para o próximo Curso Escolar 2025/26.

Cada reunión terá un límite de asistentes (dúas persoas máximo por familia). Estarán acompañadas por un membro do equipo directivo e un profesor da etapa educativa correspondente. Na reunión realizarase unha presentación do noso proxecto educativo e visitaranse algunhas das instalacións colexiais. A visita durará, aproximadamente, 90 minutos.

Para poder asistir a estas reunións é necesario inscribirse previamente na seguinte ligazón: https://colegio.santamariadelmar.org/familia/inscripcion_visita.asp

Puntos de encontro:

  • Reunións ás 17:00: Hall de entrada principal.
  • Reunións ás 13:00: Salón de Actos (Edificio Ed. Infantil).

 

Nota informativa:

  1. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
    Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
  2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
    A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
  4. Sen prexuízo da garantía de permanencia no Centro de Orixe, nais, pais ou representantes legais do alumnado, poden presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos. Este alumnado perderá o dereito de permanencia no centro de orixe se figura admitido no listado definitivo de admitidos do novo centro.
  5. As actividades extraescolares de media pensión, as actividades paraescolares e os servizos complementarios teñen carácter voluntario e non lucrativo. As actividades extraescolares de media pensión son unha parte fundamental das nosas finalidades educativas.
  6. Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».
  7. A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente».
  8. O Colexio Santa María del Mar está adscrito ao Instituto Monte das Moas.

 

Actividades e servizos complementarios:

O proxecto educativo de “Santa María del Mar” inclúe as seguintes actividades e servizos complementarios:

  • Actividades extraescolares de media pensión (English for Cambridge).
  • Actividades paraescolares (deportivas e culturais).
  • Cafetería colexial.
  • Comedor.
  • Enfermería.
  • Material escolar.
  • Seguro de accidentes.
  • Servizo de madrugadores.
  • Transporte escolar.
  • Xestor Escolar e servizos informáticos.

As actividades e servizos complementarios están regulados pola normativa recollida no Decreto 444/1996 do 13 de decembro de 1996 que regula as actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios dos centros privados en réxime de concerto.

 

Criterio complementario aprobado polo Centro:

Exalumnos ou antigos alumnos e fillos de antigos alumnos de centros educativos de titularidade da Compañía de Xesús que cursasen Educación Primaria, Secundaria ou Ciclos Formativos.

Acreditación do criterio: dito criterio acreditarase mediante un certificado emitido polo centro onde estudou e que debe recoller os estudos realizados e os cursos nos que estivo matriculado. O certificado debe ser orixinal (non se admitirán fotocopias) e ha de estar selado, datado e asinado.

 

Documentos de interese:

 

Máis información:

  • Nos propios centros educativos.
  • Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Na Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Rúa Vicente Ferrer, 2 (Edif. Adm. Xunta) 1º, 3º e 9º. 15008 A Coruña.
  • Web da Consellería de Educación.

A información irase actualizando nesta entrada.