O alumnado de 6º de Infantil converteuse en pequeno viticultor por un día!
Fixeron a súa vendima: recolleron uvas brancas e negras e pisáronas cos pés, coma se fai tradicionalmente, para ver como saía o mosto.
Despois fixeron unha cata de mosto (do comprado, non do dos pés!) e aprenderon moitas cousas sobre o proceso da vendima e como se transforma o zume das uvas.
Foi unha experiencia moi divertida e chea de aprendizaxes!


