Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000
Contacto
Avenida da Pasaxe 69 – 15006 (A Coruña)
info@csmm.es
+34 981 283 000

Hoxe o alumnado de 6º de Infantil gozou dun fermoso paseo pola nosa cidade dentro do proxecto “A cidade da Coruña».

Comezaron nos xardíns de Méndez Núñez e, mapa na man, foron descubrindo moitos lugares cheos de historia: o Obelisco, A Mariña, a Praza de María Pita, onde lle cantaron unha canción á nosa heroína. Tamén visitaron a Igrexa de Santiago, a Igrexa de Santo Domingo, onde tamén lle cantaron con moita emoción á Virxe María; a Praza de Azcárraga, os xardíns de San Carlos, o Castelo de San Antón e a Torre de Hércules, símbolo da cidade.

Remataron a xornada comendo todos xuntos na praia de San Amaro, desfrutando do bo tempo e da compañía.

Cada neno e nena levou o seu mapa preparado na aula, no que ían marcando os lugares visitados. Ao longo do camiño, o profesorado explicou curiosidades sobre a historia, o patrimonio cultural e os espazos emblemáticos da nosa cidade, algo que traballaran previamente na aula.

Foi un día cheo de aprendizaxes, emocións e descubrimentos!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad