No marco das Festas Colexiais, celebramos unha nova edición da nosa Feira Científica, unha xornada na que alumnos das distintas etapas compartiron con familias, compañeiros e profesores os seus experimentos e proxectos.
A feira volveu converterse nunha festa da ciencia, chea de curiosidade, aprendizaxe e entusiasmo, na que os alumnos puideron amosar parte do traballo realizado na aula e gozar explicando ciencia a toda a comunidade educativa.
Nesta edición foron protagonistas os inventos, o cultivo de vermes de seda e os postos dedicados a afondar no próximo eclipse de Sol, que poderemos gozar este verán desde a nosa cidade.
Grazas a todos os profesores, alumnos e visitantes que o fixeron posible.


