Entre os anos 1974 e 1975, a Congregación Xeral 32 da Compañía de Xesús definiu con claridade a súa misión: o servizo da fe e a promoción da xustiza.
Non se trata de dúas dimensións separadas, senón dunha única realidade apostólica: unha fe que se fai visible na transformación das estruturas inxustas e unha xustiza que atopa a súa raíz na experiencia de Deus.
50 anos despois, esta misión segue marcando o camiño e orientando o noso compromiso.


