Fecha

01.Mar.2023

 Categorías

  Etiquetas

  Fecha

01.Mar.2023

 Categorías

  Etiquetas

Noticias relacionadas

1 de marzo: Día do bo trato e o coidado

“De que vai isto? Isto vai de coidarnos uns aos outros”

Hoxe queremos celebrar na nosa obra o Día do Bo Trato e o Coidado. E, isto… de que vai?

O 1 de marzo é un día para lembrarnos que en calquera circunstancia debemos tratarnos ben entre todos. Porque iso nos fai ben a cada un de nós, aos de preto, e a todo o mundo mundial. Na familia, na escola, no traballo, na Igrexa, na universidade, nos centros sociais e deportivos, na discoteca… en calquera circunstancia! A todos nos gusta que nos traten ben e nos coiden cando o necesitamos, verdade?

Que é o Bo Trato? Achégate ao outro con respecto, e pensa que lle pasa? que sinte? para comprendelo e aceptalo, aínda que sexa diferente a ti. Como me gustaría a min que me tratasen? O Bo Trato non quere ser unha obriga, senón algo que nace de dentro, como cando nace unha nova criatura e tendemos a protexela… nácenos de dentro.

Para tratarnos ben, o primeiro que temos que facer é coidarnos e iso se aprende dende nenos. Por iso, o noso lema de este primeiro 1 de marzo é: «CoidarME, CoidarTE, CoidarNOS». Todos temos o poder de coidar e protexer ao outro, sobre todo ao que máis o precisa.

COIDAR-ME é coidar de min mesmo: que necesito eu para estar ben? que necesita o meu corpo? como respondo a estas necesidades? Se eu estou ben poderei coidar aos que quero e aos que me rodean cada día. Antes de coidar aos outros, hai que coidarse a un mesmo. “Ama ao próximo coma a ti mesmo”.

COIDAR-TE é coidar doutra persoa. Fíxate en que necesita e procura axudarlle e, por suposto, non lle fagas dano. Así ímonos a levar ben e seremos máis felices. CoidarTE é escoitarte, respectar a túa opinión e ofrecer o consolo cando o esperas, rir e chorar contigo. Así o outro farao tamén comigo cando o necesito. “Ama ao próximo coma a ti mesmo”.

COIDAR-NOS é unha tarefa de todos. Como comunidade temos que estar atentos a que necesitan os demais e levarnos ben para construír cousas boas xuntos. Porque todos necesitamos sentirnos amados: que nos coiden, protexan, eduquen e respecten. Se o facemos xuntos, será más doado acompañarnos cada día.

Por iso hoxe retámoste a preguntarte: Que podo facer para coidarME e coidarTE mellor, para coidarNOS máis?

Se ti coidas de ti mesmo e do outro, poderemos coidarnos entre todos. Fagamos un trato: ¡¡COÍDATE, COÍDAME, COIDÉMONOS!!

Noticias relacionadas

Noticias destacadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.